domingo, 11 de septiembre de 2011

Actividades semana do 12/09/11 ao 18/09/11

ACTIVIDADES PRESENCIAIS

Tema 2.1 "Tradución e tecnoloxías: procesos, ferramentas e técnicas de xestión: Ofimática avanzada"
  1. Consulta a "Guía do Tema 2.1" (PDF).
  2. Consulta a Presentación Power Point PPS (diapositivas 40-78) e/ou o PDF de "A Informática Aplicada á Tradución".
  3. Repasa o PDF de "A Informática Básica ou de usuario".
Práctica-1
    1. Enunciado xeral (PDF). 
    2. Práctica-1. Encargo-1: Enunciado (PDF).
    3. Práctica-1. Encargo-2: Enunciado (PDF).
    4. Práctica-1. Encargo-3: Enunciado (PDF).

    ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
    • Consulta os PDF relacionados con:
    (1) A entrada e o procesamento de textos.
    T03-P05:00 Introducción.
    T03-P05:01 Editores y procesadores de textos.
    T03-P05:02 Correctores de texto.
    T03-P05:03 Contenido, estructura y presentación de los documentos.
    (2) Os programas de xestión e promoción.
    T03-P06:00 Introducción.
    T03-P06:01 Gestión de proyectos, hojas de cálculo y contabilidad.
    T03-P06:02 Programas de presentación.
    T03-P06:03 Creación de páginas y sitios web.
    (3) Os sistemas de xestión de bases de datos (SGBD).
    T03-P07:00 Introducción.
    T03-P07:01 Bases de datos genéricas.
    T03-P07:02 Bases de datos terminológicas.
    T03-P07:03 Bases de datos en línea, en Internet.
    • Repasa os "Cursos Gratuitos" relacionados co software do Tema 2.1 dispoñibles en liña, na rede Internet. Céntrate, básicamente, nos cursos:
    1. AulaClic. Curso de Introducción a Windows XP.
    2. AulaClic. Curso de Word 2003 .
    3. AulaClic. Curso de Internet .
    4. AulaClic. Curso de FrontPage 2003 .
    5. AulaClic. Curso de Access2003 .
    6. AulaClic. Curso de Excel2003 .
    7. AulaClic. Cursos de Linux .
    8. AulaClic. Curso de OpenOffice .
    9. AulaClic. Curso de KompoZer: http://www.aulaclic.es/paginas-web/ ; http://www.aulaclic.es/paginas-web/b_4_1_1.htm ; http://www.aulaclic.es/paginas-web/t_4_2.htm
    LEMBRANZAS

    "Meias horas" a recuperar nesta semana.
    • Grupo C1 ---> Falta recuperar 3,0 horas (6 meias horas). Esta semana recupéranse 1 hora e restan aínda 2,0 horas por recuperar (4 meis horas en 2 semanas de clases)
    • Grupo C2: non compete a este profesor.
    • Grupo C3 ---> Falta recuperar 1,0 hora (2 meias horas). Esta semana recupérase todo.
    • Grupo C4 ---> Falta recuperar 1,0 hora (2 meias horas). Esta semana recupérase todo.
    • Grupo C5: Non fai falta recuperar nengunha hora.
    • Grupo C6 ---> Falta recuperar 1,0 hora (2 meias horas). Esta semana recupérase todo.

    viernes, 2 de septiembre de 2011

    Actividades semana do 05/09/11 ao 11/09/11

    Debido aos "Actos de Benvida" programados polo Decnato da FFT para o luns 05/09 e o martes 06/09 os catro grupos da materia (os grupos 1-2-3 o martes 06/09 e lembrade que o grupo 4 non vai ter aulas o xoves 06/09 de 10:30-12:00) PERDEN unha clase de "Introdución". Algúns aspectos desta clase (os marcados en cor vermella van ser RECUPERADOS na próxima semana.

    ACTIVIDADES PRESENCIAIS
    PRESENTACIÓN DA MATERIA:
    1. Abre o teu PC e entra en Windows XP.
    2. Abre un navegador (IE, Mozilla Firefox ou Chrome).
    3. Accede á website do profesor Website JMV.
    4. Ferramentas para o seguimento da docencia da materia: Accede ao apartado "Material" da página web do profesor. Observa que hai 4 ferramentas para axudarte no seguimento da materia: a Website JMV, o FaiTIC JMV, o Blog jmiquelv2011 e o http://twitter.com/jmiquelv2011. Agora mesmo estás na Website do profesor da materia.
    5. Software necesario para o Tema-1 de "Introdución": Comproba coa axuda do profesor que os "programas básicos" para o seguimentos do Tema-1 están instados xa no teu computador. Comproba que están instalados: TeamViewer, Adobe Acrobar Reader e 7-zip. Tamén deberías ter unha conta en Dropbox para gardar ao final de cada clase unha copia de seguridade dos materiais creados (queda pendente para a próxima semana).
    6. Software necesario para o Módulo-1 do Tema-2 de "Ofimática avanzada": Comproba coa axuda do profesor que os "programas básicos" para o seguimento do Tema-2.1 están instados xa no teu computador. Comproba que están instalados: Ms-Office 2003 (Word, Excel, Access e PowePoint) e OpenOffice (procesador de texto, folla de cálculo, base de datos e programa de presentación); FRontPage e KompoZer; e TextStat (queda pendente para a próxima semana).
    7. Presentación da materia: Busca no apartado de "Documentación principal" a "Presentación da materia". Podes escoller entre tres formatos (PPT. PPS e PDF). Observa que as tres ligazóns teñen un asterisco "*" diante; isto significa que o acceso a devandita información está protexida por un nome de usuario e unha contrasinal. O profesor vaiche facilitar esta información.
    8. Verifica o contido da "Guía Docente" da materia: Consulta a Guía en galego ou en castelán.
    9. Verifica o contido da "Website de JMV": Consulta o emprazamento web do Prof. Joan Miquel-Vergés: http://webs.uvigo.es/jmv (lembra que tamén podes entrar empregando a ligazón http://www.joanmiquel.com/).
    10. Examina, coa axuda do profesor cada unha das páxinas webs dispoñibles neste emprazamento web. Lebra que na páxina web 'material', algúns deles teñen o seu acceso restrinxido e precisarás dun nome de usuario/a e contrasinal e vos facilitará o profesor da materia.
    AS TIC E O TRABALLO COLABORATIVO:

    1. Comproba si estás dado/a de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo Faitic, na materia 'Ferramentas para a T&I (I): Informática (queda pendente para a próxima semana).
    2. Crea unha conta de correo en GMail. O formato ten que ser, obrigatoriamente, primeira_letra_do_nome+primeiro_apelido_completo+primerira_letra_do_segundo_apelido+2011@gmail.com. Ten en conta que tódolos símbolos (letras) presentes no teu correo electrónico teñen que estar en 'minúsculas' e 'formar parte do alfabeto da língua inglesa'. Por exemplo, si o teu nomme completo é 'Peña Compás, Luís', as letras destacadas non poden formar parte do correo. Neste caso, por exemplo, poderías optar polo correo penhac2011@gmail.com (queda pendente para a próxima semana).
    3. Úneche como seguidor/a do Blog jmiquelv2011 coa conta de correo electrónico de GMail que acabas de crear (queda pendente para a próxima semana).
    4. Úneche como seguidor/a do Twitter jmiquel2011 coa conta de correo electrónico de GMail que acabas de crear (queda pendente para a próxima semana).
    ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
    1. Repasa os teus coñecementos ao respecto da "Informática básica (ou de usuario)". Isto é: hardware, software, sistemas operativos e programas utilitarios (ou utilidades), telemática e ofimática. Podes consultar as presentacións e dosieres existentes na miña páxina web de "material" (acceso restrinxido) (queda pendente para a próxima semana).
    2. Consulta os vídeos de YouTube "Nuevas Tecnologías 1" e "Nuevas Tecnología 2" relacionados coa materia (queda pendente para a próxima semana).
    LEMBRANZAS
    1. Lembra que tes que entregar (ao Prof. Joan Miquel-Vergés) unha ficha para a materia, que podes recoller na Conserxería do Pavillón Central, coa túa fotografía. Se non entregas a ficha coa fotografía, as túas prácticas non van ser avaliadas. Tes 15 días para facelo.
    2. Lembra que eu non vou entregar material en soporte papel. Por iso, para seguir mellor as clases presenciais, tal vez sería conveniente para ti imprimir algún dos documentos en formato papel.

    jueves, 1 de septiembre de 2011

    Inicio Curso 2011-2012

    Segundo a información extraída dun correo electrónico recordatorio enviado pola Sra. Decana da FFT (fft.decan@uvigo.es) o xoves 01 de setembro de 2011 ás 11:17 horas:
    "O vindeiro luns, día 5 de setembro, é a data de comezo das clases. Non obstante, as clases para primeiro curso comezan o día 7. O alumnado de primeiro curso dos tres graos terá que presentarse o día 5, ás 10h. no Salón de Actos. Estas alumnas e alumnos de primeiro terán un programa de actividades especiais durante os días 5 e 6, no marco do programa dos actos de benvida." Polo tanto, de todo illo pódese concluir que, finalmente, "as clases da materia empezarán o día 7 (mércores), nos horarios estabrecidos de antemano".
    As horas "perdidas" pola devandita causa vanse "recuperar" nas "meias horas de titorías", naqueles casos nos que sexa necesario (en tandas de 0,5 horas ata completar o tempo perdido).
    • Grupo C1 (Luns de 16.00 a 17.30 e Martes de 11.00 a 12.30) ---> Recuperar 3,0 horas (6 meias horas).
    • Grupo C2: non compete a este profesor.
    • Grupo C3 (Martes de 16.00 a 17.30) ---> Recuperar 1,5 horas (3 meias horas).
    • Grupo C4 (Martes de 18.00 a 19.30) ---> Recuperar 1,5 horas (3 meias horas).
    • Grupo C5: Non fai falta recuperar nengunha hora.
    • Grupo C6 (Martes de 09.00 a 10.30) ---> Recuperar 1,5 horas (3 meias horas).

    lunes, 1 de agosto de 2011

    Inicio Curso 2011-2012

    As clases empezarán o luns 05/09/11. É moi importante que non faltades o primeiro día de clase porque vanse explicar as pautas a seguir no curso.