Debido aos "Actos de Benvida" programados polo Decnato da FFT para o luns 05/09 e o martes 06/09 os catro grupos da materia (os grupos 1-2-3 o martes 06/09 e lembrade que o grupo 4 non vai ter aulas o xoves 06/09 de 10:30-12:00) PERDEN unha clase de "Introdución". Algúns aspectos desta clase (os marcados en cor vermella van ser RECUPERADOS na próxima semana.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
PRESENTACIÓN DA MATERIA:
- Abre o teu PC e entra en Windows XP.
- Abre un navegador (IE, Mozilla Firefox ou Chrome).
- Accede á website do profesor Website JMV.
- Ferramentas para o seguimento da docencia da materia: Accede ao apartado "Material" da página web do profesor. Observa que hai 4 ferramentas para axudarte no seguimento da materia: a Website JMV, o FaiTIC JMV, o Blog jmiquelv2011 e o http://twitter.com/jmiquelv2011. Agora mesmo estás na Website do profesor da materia.
- Software necesario para o Tema-1 de "Introdución": Comproba coa axuda do profesor que os "programas básicos" para o seguimentos do Tema-1 están instados xa no teu computador. Comproba que están instalados: TeamViewer, Adobe Acrobar Reader e 7-zip. Tamén deberías ter unha conta en Dropbox para gardar ao final de cada clase unha copia de seguridade dos materiais creados (queda pendente para a próxima semana).
- Software necesario para o Módulo-1 do Tema-2 de "Ofimática avanzada": Comproba coa axuda do profesor que os "programas básicos" para o seguimento do Tema-2.1 están instados xa no teu computador. Comproba que están instalados: Ms-Office 2003 (Word, Excel, Access e PowePoint) e OpenOffice (procesador de texto, folla de cálculo, base de datos e programa de presentación); FRontPage e KompoZer; e TextStat (queda pendente para a próxima semana).
- Presentación da materia: Busca no apartado de "Documentación principal" a "Presentación da materia". Podes escoller entre tres formatos (PPT. PPS e PDF). Observa que as tres ligazóns teñen un asterisco "*" diante; isto significa que o acceso a devandita información está protexida por un nome de usuario e unha contrasinal. O profesor vaiche facilitar esta información.
- Verifica o contido da "Guía Docente" da materia: Consulta a Guía en galego ou en castelán.
- Verifica o contido da "Website de JMV": Consulta o emprazamento web do Prof. Joan Miquel-Vergés: http://webs.uvigo.es/jmv (lembra que tamén podes entrar empregando a ligazón http://www.joanmiquel.com/).
- Examina, coa axuda do profesor cada unha das páxinas webs dispoñibles neste emprazamento web. Lebra que na páxina web 'material', algúns deles teñen o seu acceso restrinxido e precisarás dun nome de usuario/a e contrasinal e vos facilitará o profesor da materia.
AS TIC E O TRABALLO COLABORATIVO:
- Comproba si estás dado/a de alta na plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo Faitic, na materia 'Ferramentas para a T&I (I): Informática (queda pendente para a próxima semana).
- Crea unha conta de correo en GMail. O formato ten que ser, obrigatoriamente, primeira_letra_do_nome+primeiro_apelido_completo+primerira_letra_do_segundo_apelido+2011@gmail.com. Ten en conta que tódolos símbolos (letras) presentes no teu correo electrónico teñen que estar en 'minúsculas' e 'formar parte do alfabeto da língua inglesa'. Por exemplo, si o teu nomme completo é 'Peña Compás, Luís', as letras destacadas non poden formar parte do correo. Neste caso, por exemplo, poderías optar polo correo penhac2011@gmail.com (queda pendente para a próxima semana).
- Úneche como seguidor/a do Blog jmiquelv2011 coa conta de correo electrónico de GMail que acabas de crear (queda pendente para a próxima semana).
- Úneche como seguidor/a do Twitter jmiquel2011 coa conta de correo electrónico de GMail que acabas de crear (queda pendente para a próxima semana).
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
- Repasa os teus coñecementos ao respecto da "Informática básica (ou de usuario)". Isto é: hardware, software, sistemas operativos e programas utilitarios (ou utilidades), telemática e ofimática. Podes consultar as presentacións e dosieres existentes na miña páxina web de "material" (acceso restrinxido) (queda pendente para a próxima semana).
- Consulta os vídeos de YouTube "Nuevas Tecnologías 1" e "Nuevas Tecnología 2" relacionados coa materia (queda pendente para a próxima semana).
LEMBRANZAS
- Lembra que tes que entregar (ao Prof. Joan Miquel-Vergés) unha ficha para a materia, que podes recoller na Conserxería do Pavillón Central, coa túa fotografía. Se non entregas a ficha coa fotografía, as túas prácticas non van ser avaliadas. Tes 15 días para facelo.
- Lembra que eu non vou entregar material en soporte papel. Por iso, para seguir mellor as clases presenciais, tal vez sería conveniente para ti imprimir algún dos documentos en formato papel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario