ACTIVIDADES PRESENCIAIS
[1] AVISO - Modificacións dos horarios nas clases dos grupos C1 e C3: O martes 27 de setembro está programada a presentanción e conferencia inaugural da 2ª edición do "Máster en Traducción Multimedia" da Universidade de Vigo, de 12:00-14:00 horas, e a posterior comida institucional cos ponentes invitados á conferencia inaugural. Como Secretario do Máster estou 'obrigado' a asistir a estes actos. Por illo: (1) Grupo C1: A clase de 11:00-12:30 do martes 27/09/11 do Grupo C1 será de 11:00-12:00; por contra, a clase do luns 26/09/11 de 16:00-17:30 será de 16:00-18:00. (2) Grupo C3: A clase de 16:00-17:30 do martes 27/09/11 do Grupo C3 será de 16:30-18:00.
[2] AVISO - Actividades presenciais e non presenciais: A partir de agora o profesor asumira que o alumnado realizada as "actividades non presenciais" (pola súa conta) antes de acudir as clases e realizar as "actividades presenciais".
Tema 2.1 "Tradución e tecnoloxías: procesos, ferramentas e técnicas de xestión: Ofimática avanzada"
Práctica-1. Encomenda-1
Práctica-1. Encomenda-1: Enunciado (PDF).
- Apartados 5.2 e 5.4 (ver actividades non presenciais).
- Apartados 2.1, 2.2 e 2.3.
- Apartado 3.
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
- Realiza (pola túa conta) as seguintes actividades relacionadas coa Encomenda-1 da Práctica-1 antes de asistir ás clases presenciais da materia.
[1] Crea una conta de correo en Gmail (apartado 5.2). O formato obrigado da túa conta de Gmail ten que ser: "primeira letra do teu nome" + "primeiro apelido teu completo" + “primeira letra do teu segundo apelido” + "2011" (as letras e os nomes escritos 'á inglesa'). Por exemplo, si o teu nome e apelidos son 'José Miño Suárez', a túa conta de Gmail podería ser "jminhos2011@gmail.com". No hipotético caso de que Gmail non che permita a túa conta proposta (p.e., "jminhos2011") engade algún carácter (p.e. a primeira letra do teu segundo apelido) antes do '2011' (p.e., "jminhosu2011").
[2] Crea un disco duro virtual en DropBox (apartado 5.4), que deberás crear asociándoo á túa conta de Gmail creada no punto anterior (apartado 5.2).
- Consulta os PDF relacionados con:
A entrada e o procesamento de textos.
T03-P05:00 Introducción.
T03-P05:01 Editores y procesadores de textos.
T03-P05:02 Correctores de texto.
T03-P05:03 Contenido, estructura y presentación de los documentos.
Os programas de xestión e promoción.
T03-P06:00 Introducción.
T03-P06:01 Gestión de proyectos, hojas de cálculo y contabilidad.
T03-P06:02 Programas de presentación.
T03-P06:03 Creación de páginas y sitios web.
- Repasa os "Cursos Gratuitos" relacionados co software do Tema 2.1 dispoñibles en liña, na rede Internet. Céntrate, básicamente, nos cursos:
LEMBRANZAS
- Para unha correcta realización da práctica, lembra que deberías crear unha carpeta de traballo no escritorio cos materias de traballo (ou copiala do teu dispositivo USB ao escritorio si xa a tes creada). Cando acabes deberías copiala no teu dispositivo USB e no teu disco virtual Dropbox; e, finalmente, deberías borrar a túa carpeta do escritorio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario